Saturday 18 de May de 2024

Recepción institucional tripulación buque Atalaya


Hoxe o alcalde de Laxe, José Luis Pérez Añón, acompañado de membros da corporación municipal, recibiu de forma oficial á tripulación do buque ‘Atalaya’, unha das principais unidades de Vixilancia da Forza de Acción Marítima da Armada Española.

O patrulleiro atópase na vila con motivo da conmemoración do día de Santa Rosa. Así, programouse unha xornada de portas abertas que rematou ás 14:00 horas e que volveu a activarse ás 15:00 horas ata ás 20:00 horas.

As persoas que se acheguen ata o porto poderán coñecer máis de preto a un dos catro buques que integran a Clase Serviola.